sexta-feira, 24 de fevereiro de 2012

O Rato do Campo, o Rato da Cidade e o Gato responderam!




Ola a todos!

Xa sabemos que contestan con algo de retraso, pero é que estaban ocupados. O Rato de Campo estaba no monte cortando leña para a súa cheminea, o Rato da Cidade tiña moitos mocos e foi ao médico, e o Gato andaba cunha gatiña que quería coñecer a súa cidade...



Perguntas ao Gato

- Gato, como é que te chamas?(Rodrigo,4 anos)

Rodrigo, o meu nome é un segredo porque son un gato cazador, e os gatos cazadores nunca din o seu nome. Pero a ti voucho dicir: chámome Brétema...

- Oh Gato, porque é que tu destruíste a mesa? (Gonçalo, 4 anos)

Gonzalo, destruín a mesa porque teño moita forza cando brinco. Ainda que non quixen rompela, eh...

- Porque é que tu gato, querias comer os ratos? (Bernardo, Pedro, 4 anos)

- Tu comes sopinhas de leite? (Margarida,4 anos)

- Oh Gato, que comida é que tu comes? (Diego, 4 anos)

Bernardo, Margarida e Diego queren saber o que como, pois aí vai. Gústame comer ratos porque están saborosos, pero tamén como outras cousas, como peixes, arroz, galletas e améndoas. E aos ratiños tamén lles gusta o leite, pero a min xa non, son máis maior...

- Oh Gato, porque é que tinhas a língua de fora? (Lucas, 4 anos)

Lucas, tiña a lingua fóra porque así meto máis medo aos ratos, e podo pillalos mellor...

- Oh Gato, porque é que partiste as tigelas dos gelados? ( Matilde, 4 anos)

Matilde, os xeados partíronse por culpa dos ratos, e tamén porque estaban fríos e asusteime. Non me decatei e pensei que eran algo malo...

- Sr. Gato, tu tens dono ou dona? (Inês B, 4 anos)

Inés B, teño unha dona moi bonita e simpática que se chama Alicia. E sabe contarme unhas historias ben lindas.

- Oh Gato, eu também tenho gatos lá em casa e um cão. Quantos anos tens e onde é que tu dormes? (Inês F, 5 anos).

Inés F, durmo nunha cama ben quentiña que me preparou a mina dona Alicia. Pero é máis pequena que a túa, claro.

- Gato, tu tens irmãos? E onde está a tua familia? (Madalena S, 4 anos)

Madalena, teño 3 irmáns que viven en Rusia porque prefiren vivir nas terras moi frías, e son a miña única familia. Eu creo que son un pouco raros...

Perguntas ao Rato do Campo

- Rato do Campo, como te chamas e quantos anos é que tens? (Matias,Francisco, 4 anos)

Matías, Francisco, chámome Gondomil, pero podes dicirme Gondo, e teño 13 anos.

- Rato do campo, tu não queres voltar à cidade porquê? (Penélope,4 anos)

- Rato do Campo, se a cidade tinha muito barulho, porque é que tu foste lá? (Mafalda,Constança 4 anos)

Penélope, Mafalda e Constança, nunca máis volverei á cidade porque hai moito ruído e gatos moi feos e malos. Fun á cidade para estar seguro do que me contaban, pero agora xa sei que non me gusta nada. E tampouco os seus gatos.

- Oh Rato do Campo, tu tens casa?(Bernardo,4 anos)

Bernardo, a miña casa é preciosa, e calquera día invitareite a visitala, se queres...

- Rato do Campo, porque é que tu fugiste? (Guigo,4 anos)

Guigo, que por que fuxín? Porque tiña medo do gato, que quería comerme.


Perguntas ao Rato da Cidade

- Oh Rato da Cidade, como é que te chamas e quantos anos tens? (Bia 4 anos,André, 5 anos)

Bia, o meu nome é Hércules e teño 15 anos.

- Rato da Cidade, como é que a tua família se chama? (Gonçalo,4 anos)

Gonçalo, non teño familia e vivo só. Os meus pais non están aquí porque xa viviron as súas sete vidas. E non teño irmáns...

- Oh Rato da Cidade, em que cidade é que tu vives? (Miguel,5 anos)

Miguel, agora vivo en Pontevedra, que é unha cidade que ten unha ponte de pedra... Ti sabes onde está?

- Oh Rato da Cidade, o que é que tu comes? (Afonso, 4 anos)

Afonso, como un pouco de todo, pero o que máis me gustas son os chícharos con carne de porco.

- Oh Rato da Cidade, tu tens medo de gatos? (Madalena A, 4 anos)

Madalena, claro que lle teño medo aos gatos, pero sei fuxir deles, que son moi pesados...

- Oh Rato da Cidade, porque é que não foste à casa do rato do Campo? (Joana,4 anos)

Joana, non me gusta o campo. Unha vez estiven nun bosque e perdínme entre as herbas tan altas que hai. Así que non volvo, que polo menos nas cidades curtan a herba dos xardíns. Ademais, din que a casa de Gondo, o rato do campo, non é tan bonita...

- Oh Rato da Cidade, eu gosto muito de ti porque és bonito. (Mafalda,4 anos)

Mafalda, pois a min encántame o teu nome. E as nenas lindas tamén me gustan moito... Ti es unha nena linda? Se queres, podo regalarche un paquete de chícharos...


Saúdos a todos!

Sem comentários: